Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 13:20
Axentes da Policía Autonómica tramitaron 65 denuncias en controis no conxunto da comunidade galega para o cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades polo covid-19, 27 delas na provincia da Coruña, segundo datos achegados pola Delegación Territorial da Xunta.
En concreto, na provincia coruñesa levaron a cabo durante este fin de semana, do 18 ao 20 de decembro, 32 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades pola covid-19.
Como resultado destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 12 concellos da provincia no pasado fin de semana, que deron como resultado a identificación de 25 persoas e a tramitación de 27 actas de infracción, segundo informa a Delegación territorial da Xunta. No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 126 dispositivos en 43 municipios cun total de 250 inspeccións, con máis de 226 persoas identificadas e 65 denuncias tramitadas. Os dispositivos no caso da provincia coruñesa leváronse a cabo en Arteixo, Boiro, Carballo, A Coruña, Ferrol, A Laracha, Narón, A Pobra, As Pontes, Ribeira, Santiago de Compostela e Teo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.