A Xunta confina Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame

Os concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro pasan ao nivel básico polo que quedarían libres da limitación de mobilidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2020 | Actualizada ás 22:59

Comparte esta noticia

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste luns, que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame, pasan ao nivel máximo de restricións. Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro forman un perímetro conxunto. O mesmo que fan Noia e Lousame.

Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade. Igualmente, o comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de concellos con vixilancia especial a Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois. Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense, Galicia (España), a 3 de novembro de 2020. A Xunta ordenou. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense, Galicia (España), a 3 de novembro de 2020. A Xunta ordenou. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta