Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 19:01
A Xunta rexistrou este venres no Parlamento galego a primeira revisión do plan forestal para a súa tramitación en busca do "consenso". Este novo plan forestal prevé eliminar un 5% da superficie de eucaliptos en 2040 tras multiplicarse nos últimos anos.
Medio Rural remarca que, aínda que se trata dun decreto do Goberno galego que non necesita ser aprobado pola Cámara, cúmprese con este compromiso da súa tramitación parlamentaria alcanzado na comisión de estudo sobre política forestal.
Así, os grupos da Cámara poderán facer as súas propostas de resolución, que serán votadas en pleno a finais de febreiro, segundo as previsións. O plan contempla a revisión de obxectivos cada cinco anos no Consello Forestal e no Parlamento, á vez que se creará o inventario forestal continuo, entre outras cuestións.
AXUDAS A MANTEMENTO DE FORESTACIÓNS
Noutra orde de cousas, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a convocatoria para 2021 das prima de mantemento das forestaciones cofinanciadas polos fodos Feades nos anos 2016, 2017 e 2018, dotadas con 2,25 millóns de euros.
Tamén sae publicada a convocatoria das primas de mantemento para os sistemas agroforestais, cunha dotación de 60.000 euros para os anos 2021, 2022 e 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.