Por Galicia Confidencial | LUGO | 23/01/2021 | Actualizada ás 20:25
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de comunicar o falecemento doutras nove persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Galicia supera xa a barreira das 1.600 mortes dende o inicio da pandemia.
Tres das nove mortes rexistráronse na área de Vigo: unha muller de 83 anos e dous homes de 59 e 84. Todos eles finaron no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Outras dúas vítimas faleceron no Hospital de Ferrol (CHUF). Tratábase dun home de 75 anos e outro de 86.
O hospital da Coruña (CHUAC) e o de Pontevedra (CHOP) rexistraron cadanseu falecemento: o dun home de 57 anos e o dunha muller de 70 anos.
Pola súa parte, a área de Lugo suma dúas vítimas máis. Unha muller de 83 anos procedente dun asilo de Ribadeo, que faleceu no Hospital da Mariña; e outro de 86 anos que finou no Hospital de Monforte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.