Galicia suma case 90 novos pacientes nos hospitais, 11 deles en UCI

Os novos contaxios baixan a 1.400 e a taxa de positividad a un 9,7%, o dobre do recomendado pola OMS.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2021 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Galicia suma este luns outros 88 pacientes con Covid-19 hospitalizados, tras pasar a xornada anterior os mil ingresados, con 11 persoas máis en UCI, mentres que os contaxios diarios detectados caen lixeiramente até o 1.400, tras superar varias xornadas os 1.500. Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste domingo, nos que se constata que os hospitalizados con coronavirus en Galicia aumentan a 1.154, fronte aos 1.066 da xornada anterior, deles 161 en UCI --11 máis-- e 993 noutras unidades --77 máis--.

Uci dun hospital con sanitario e paciente
Uci dun hospital con sanitario e paciente | Fonte: EP

Os pacientes hospitalizados aumentan nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á cabeza, con 315 ingresados --deles 43 en UCI, catro máis que a xornada anterior--; a de Vigo, con 175 --21 deles en UCI, dúas menos--; 168 na de Ourense, 12 deles en UCI --sen cambios--; 154 no distrito de Santiago e Barbanza --32 en UCI, tres máis--; 154 na de Ferrol --23 en UCI, dúas máis--; 122 na de Pontevedra e O Salnés, con 15 en UCI --igual que a xornada anterior-- e 66 na de Lugo --deles 15 en UCI, catro máis--.

En total en Galicia hai na actualidade 19.768 casos activos de Covid, o que supón 776 máis que a xornada anterior, tras sumar 1.402 contaxiados en 24 horas e rexistrar 612 altas. Por áreas sanitarias, os casos activos aumentaron en todas. Así, a da Coruña sitúase con 5.225; seguida da de Vigo, con 3.542; mentres que na de Santiago hai 3.118; outros 2.761 na de Ourense; 1.818 na de Pontevedra; 1.731 no distrito de Lugo e 1.573 no de Ferrol.

POSITIVIDADE

Dos 1.400 contaxios detectados con diferentes probas, 1.234 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, fronte ás 1.325 do día anterior. Até o momento en Galicia leváronse a cabo 1.334.415 PCR, 12.536 máis que a xornada pasada. En canto á taxa de positividade, descendeu lixeiramente na Comunidade galega até situarse, segundo os últimos datos facilitados por Sanidade, no 9,7 por cento.

Na xornada anterior a taxa de positividad ascendeu ao 10,8%, máis do dobre do establecido pola OMS para dar por controlada a pandemia, un 5% do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta