Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/01/2021 | Actualizada ás 21:17
Nove falecidos comunicados este sábado polas autoridades sanitarias en Galicia elevan a 1.761 o total de vítimas da COVID-19 desde o inicio da pandemia.
Unha das vítimas deles, en concreto unha muller de 89 anos que faleceu no Hospital da Mariña, procedía da residencia de Ribadeo. Así mesmo, informouse dun home de 79 anos que se atopaba ingresado na residencia Quercus de Leiro.
O resto de casos rexistráronse no mesmo centro sanitario, o Complexo Hospitalario da Coruña. Trátase de cinco homes de 77, 79, 86, 83 e 84 anos, e de dúas mulleres de 91 e 96 anos, respectivamente.
Todos os falecementos rexistráronse este venres e foron validados este sábado polo Sergas e todos os casos presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.