Por Galicia Confidencial | Vigo | 31/01/2021 | Actualizada ás 20:20
A presión hospitalaria en Portugal é de tal calibre que o sistema sanitario do país veciño pode colapsar polo gran impacto que está tendo a terceira onda da covid. Por iso, iniciou xa os trámites para solicitar o traslado de enfermos a países da Unión Europea.
Esta petición de axuda tamén incluiría a Galicia, coa que manten fortes lazos y unha longa fronteira. De feito, e tal e como informa a CRTVG, pola proximidade podería dar cabida aos pacientes do Alto Miño. Dende a xerencia da área sanitaria de Vigo non descartan dar a axuda, pero apuntan que de momento o Goberno luso non lles trasladou esta petición.
Outra das posibilidades que se baralla é a de mobilizar un buque hospitalizado da Armada española para dar cabida a eses enfermos, unha posibilidade que adiantou o secretario xeral do Eixo Atlántico hai uns dias. Tamén Feijóo dixo que estaba aberto a axudar ao país veciño pero que tería que ser en coordinación co Goberno central. Por iso, non se descartan conversas nos vindeiros días para activar este protocolo canto antes e enviar un destes buques, ben ao porto de Vigo ou ao de Viana do Castelo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.