Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 09:00
Cando aínda está por ver se o verán deste 2021 será igual que o do ano pasado, nas latitudes máis nórdicas xa prepara a próxima escapada a territorio galego. O diario londinese The Daily Telegraph vén de publicar unha completa guía --repleta de imaxes soleadas e area branca-- para orientar os británicos nas súas próximas vacacións en España. E a destinación estrela podería estar en Galicia.
A Costa da Morte sería o espazo máis celebrado polos turistas británicos para as próximas vacacións de verán. O diario londinense vén de aplaudir as virtudes desta liña costeira de Galicia, cualificándoa como unha das "menos coñecidas" do Estado. No especial publicado celebran a apertura dun "impresionante" hotel que os fai situar a Costa da Morte no punto de mira da vindeira escapada ao sur.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.