Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 18:13
Os concellos galegos reservarán para vivenda protexida no ano 2021 unha media do 6,4 por cento do seu terreo edificable, segundo publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) na relación da porcentaxe de reserva dos municipios con máis de 5.000 habitantes.
Vigo é o concello que maior porcentaxe aplicable este apartado co 18,8%, seguido por Pontevedra co 11,82%. Tamén superan o 10% os municipios de Brión (10,8%) e Lugo (10,3%).
Na maioría dos municipios a porcentaxe aplicable queda fixada no 6,4%, segundo recolle a orde do DOG.
Da fixación dunha porcentaxe para dedicar a vivenda protexida quedan exentos os municipios con padrón de habitantes inferior a 5.000 habitantes no momento de aprobar o plan xeral de ordenación urbanística.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.