La diferencia entre machismo, racismo y separatismo solo está en a quienes deprecian y a quien le avasallan los derechos. Unos avasallan los derechos de las mujeres, otros de las personas de otra raza y los otros a los compatriotas que viven en otro lugar, esa es la diferencia y lo común que tienen es que todas son variantes del fascismo. La tierra que cada uno tenemos bajo nuestros pies cuando caminamos es de todos.
Ti tes un cacao mental e conceptual que non te enteras. O machismo ten como reacción o feminismo, o racismo ten como reacción a busca da igualdade entre razas, e o separatismo ou nacionalismo é a reacción ao imperialismo. Machismo, racismo e imperialismo son o problema, o resto é un intento das persoas de escapar desa lousa. Claro que para os que están no lado dos fortes (homes machistas, racistas, imperialistas) todo está mellor se nada cambia. O separatismo, caro nostrus, é a consecuencia dese imperialismo rancio español, fracasado moitas veces, e algunhas que lle quedan.
Non é certo o que dis xa que o que importa é a democracia, pero parece que a vontade popular no seu conxunto non vos gusta e reclamades que quen non lle guste esa vontade quede excluido de cumplila. Non confundas imperialismo con vontade do pobo; xa sei que non o fas, tan só e o teu xeito de tentar saltar a lei.
Vontade do pobo? De que pobo falas, do catalán? Ah non, xa entendo, que tal pobo non existe, só hai e ten dereito a expresar a vontade o pobo español! O do imperio que se foi disipando é o pobo de verdade, o pobo natural, até o pobo escollido por Deus!
O pobo catalán é unha parte do pobo español e os cidadans dese pobo non teñen mais direitos que o resto de cidadans. Defendes a soberania do pobo catalán, pero negas a soberania dos pobos que conforman Cataluña. Soberanía só ten o pobo español no seu conxunto, non nunha parte.
Quen dis que nega a soberanía dos pobos? Estimado troll, infórmate antes de aventurarte: o Val d'Aran ten recoñecido o dereito á autodeterminación desde 2015, cando o Parlament de Catalunya aprobou unha lei que recoñece “a realidade nacional occitana”. Pola contra quen nega con obstinación a soberanía dos pobos? Quen impide pola forza a libre determinación? Quen acredita que a vasalaxe medieval aceitada polos avós vai ser herdada polos netos? Aínda non sabes a diferenza entre convencer e someter?
O Val d´Aran non ten direito de autodeterminacion porque ese outorgamento do Parlament non ten validez xurídica. Por outra banda e si así fora....¿por que o Val d´Aran teria soberania e non a teria o Priorato e as Terras do Ebro?, dime porque non ten soberanía Valdeorras ou o Salnés, ¿pode Valdeorras sairse de Galicia, xuntarse co Bierzo e facer unha nacion entre as duas bisbarras?, ¿pode Valdeorras sairse da zona euro si así o dita o pleno municipal?. Faime moita gracia o de “a realidade nacional occitana”, tan real como a Santisima Trinidade. Os separatistas para o único que valedes e para que nos riamos de vos.
Aquí os da Santísima Trinidade sodes os da Sagrada Unidad de España. Os soberanistas acreditamos que os estados son inventos voluntarios da xente e non construcións divinas, por iso apostamos pola libre determinación: de Quebec, de Gales, do Sáhara, de Gibraltar, de Catalunya, do Val d'Aran, do Bierzo, de Valdeorras ou de quen o decida POR MAIORIA. A diferenza dos non democratas, os que impedides o exercício da libre vontade dos pobos.
Suspirador, vamos, que tu no crees en la democracia y que una decision adoptada por una mayoria puede ser incumplida por una minoria si esta decide incumplirla. Para ti un ayuntamiento puede incumplir una ley del Parlamento de Galicia si los concejales estan de acuerdo en incumplirla ¡de risa!. España solo es sagrada si así lo quieren los españoles y España es indivisible porque así lo quiere el conjunto de españoles, no por el pasado, sino porque así se acordó en el 78. No somos esclavos del pasado ni dueños del futuro que le corresponderá a otras generaciones, pero si somos dueños del presente. Tus teorias de la ley de la selva nada tienen que ver con la democracia.
O conxunto dos españois do Libro Sagrado de 1978 ides decidir tanto no futuro de Catalunya como decidistes co Libro Sagarado de 1812 no de Cuba, Filipinas, Venezuela, México... Ou no de Gibraltar, con dous referendos de autodeterminación celebrados! E non te alporices, o auxe de posicións extremas --como na que ti militas--, son a mellor garantía de ruptura inmediata. Vai pola sombra!