Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 21:32
A Consellería de Sanidade informou este luns doutros 28 falecementos relacionados coa covid-19 en Galicia, 27 deles producidos nos últimos días e un correspondente a unha muller de 84 anos usuaria da residencia Vila do Conde que morreu o pasado 28 de novembro pero que acaba de ser comunicado polo centro. A cifra total de falecidos por mor da pandemia elévase a 2.124.
En concreto, no parte deste luns figura o falecemento dunha muller de 86 anos e outra de 72 anos no Hospital de Ferrol, a última delas da residencia A miña Casa; así como dunha muller de 92 anos da residencia Nosa Señora do Carme de Sarria. Os tres correspóndense co pasado 12 de febreiro.
Así mesmo, o 13 de febreiro morreron con covid unha muller de 90 anos e un home de 85 no Hospital de Ferrol, a primeira delas da residencia O Casón de Moeche. Ademais, suma como vítima mortal unha muller de 89 anos ingresada no Hospital de Vigo, outra muller de 85 anos en Povisa e un home de 91 no Clínico de Santiago, ademais dunha muller de 85 anos na residencia Nosa Señora do Carme de Sarria.
Deste domingo, Sanidade notifica a morte dunha muller de 51 anos, outra de 85 e un home de 88 ingresados en Ferrol, dúas mulleres de 94 e 72 anos e un home de 88 ingresados na Coruña e un home de 88 anos do Hospital de Vigo.
O día 14 tamén faleceu unha usuaria de 94 anos da residencia Nosa Señora do Carme de Sarria, unha muller de 87 ingresada no HM Modelo Belén da Coruña, un home de 92 no Clínico de Santiago e unha muller de 92 no Hospital de Ourense, procedente da residencia Virxe da Clamadoira de Muíños.
Finalmente, deste luns correspóndese o falecemento dunha muller de 95 anos no Hospital de Ferrol, o mesmo centro no que tamén morreu unha muller de 89 procedente da residencia DomusVi Laraxe.
Tamén se informa do falecemento dun home de 58 anos ingresado no Hospital de Vigo, unha muller de 98 na DomusVI Carballo e un home de 91 anos procedente da residencia Virxe da Clamadoira, que estaba ingresado no Hospital de Ourense. O parte péchase coa morte dunha muller de 78 anos no CHUO e dun home de 81 anos no Hospital de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.