Temas: DVICIO

A ración de polbo á feira máis grande do mundo

A semana da Festa do Polbo do Carballiño arranca coa ración máis grande de polbo á feira, con 260 quilos de cefalópodo preparados para un prato de madeira de 3,8 metros de diámetro.

Por GC Tendencias | Carballiño | 06/08/2013 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Un total de 260 quilos de polbo regados con 70 litros de aceite de oliva e aderezados con 20 quilos de sal e un quilo de pementa picante. A maior ración de polbo á feira feita endexamais, presentada nun prato de madeira de 3,8 metros de diámetro como preludio da tradicional e multitudinaria Festa do Polbo do Carballiño, que este ano chega a súa 51 edición. 

Tapa xigante de polbo á feira
Tapa xigante de polbo á feira | Fonte: Turismo do Caballiño

A asociación de polbeiros e polbeiras do Carballiño (Ourense) pasou o día de hoxe preparando os 260 quilogramos da ración de polbo á feira máis grande do mundo, para mil persoas.

Os polbeiros e polbeiras reparten así hoxe, na praza maior da vila ourensana,  dende as 20.00 horas, unha ración única en cuxa elaboración participaron até 28 familias de Arcos. O prezo do prato por persoa é 3 euros e cada participante leva ademais o recordo do prato de madeira cun gravado ao lume alusivo á festa e ao polbo 'Octavio' —mascota da festa do Carballiño—, viño, pan de Cea e unha figura de chocolate dun artesán chocolateiro da vila.

Outras actividades

Entre as actividades previas á festa grande do polbo no Carballiño esta fin de semana, tamén se programaron as segundas xornadas gastronómicas nas que o cociñeiro Pepe Solla impartirá este mércores. Os asistentes tamén poderán participar nunha cata de viño comentada por un enólogo.

O prato de madeira da ración de polbo á feira máis grande do mundo, en Carballiño
O prato de madeira da ración de polbo á feira máis grande do mundo, en Carballiño | Fonte: Estefanía Bernárdez ‏@stefi_bernardez

O xoves será a quenda do cociñeiro Antonio Botana e o venres será o día adicado a obradoiros de cociña para nenos.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 vegano

Cadáveres, cientos de cadáveres, asesinos, dejad a los pulpos en paz.