A Xunta informa de 14 falecidos pola covid este martes, a metade que os comunicados o luns

O número de falecidos ascende xa a 2.138.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/02/2021 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este luns doutros 14 falecementos relacionados coa covid-19 en Galicia que tiveron lugar nos últimos días, concretamente, os días 14, 15 e 16 de febreiro.  Deste xeito, a cifra total de falecidos por mor da pandemia elévase a 2.138.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Dos falecidos comunicados este martes catro son da área de Ferrol, tres son da área de Ferrol e A Coruña, dous da área de Vigo e Ourense, respectivamente e un da área de Santiago, Pontevedra e Lugo, respectivamente.

Este é o balance comunicado polo Sergas:

Día 14 de febreiro:
Home de 85 anos, no Hula.

Día 15 de febreiro:
Muller de 95 anos, no Chuf. Procedía da Residencia Mi Casa de Ferrol.
Muller de 77 anos, no Chuf.
Home de 85 anos, na Residencia Mi Casa de Ferrol.
Home de 89 anos, no Chuac.
Home de 92 anos, no Chus.
Home de 95 anos, no Chuo.
Muller de 68 anos, no Chop.

Día 16 de febreiro:
Home de 91 anos, no Chuf.
Muller de 63 anos, no Chuvi.
Muller de 91 anos, no Chuvi.
Home de 84 anos, no Chuac.
Home de 85 anos, no Hospital de Valdeorras. Procedía da Residencia de Maiores de Larouco.
Muller de 95 anos, no Chuac.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta