A esperanza de vida das mulleres en Galicia é seis anos superior ao dos homes

Os homes nados en 2019 teñen unha esperanza de vida de 80,67 anos, mentres que a das mulleres é de 86,84 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Os nados en Galicia en 2019 teñen unha esperanza de vida de 83,82 anos, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Esta cifra é lixeiramente superior aos 83,15 anos de esperanza de vida dos nados en 2019. Así, este dato increméntase por cuarto ano consecutivo, despois de que descendese en 2015. Hai diferenzas por sexos, a esperanza de vida é de 80,67 anos para os homes, seis anos menos que as mulleres (86,84 anos).

Por provincias, a maior cifra media atópase en Ourense (84,05 anos), seguida de Pontevedra (83,97), Lugo (83,82) e A Coruña (83,62). A esperanza de vida para as persoas de 65 anos en 2019 situouse en 22,14 anos máis. Este valor incrementouse respecto de 2018.

Respecto das persoas que tiñan 80 anos en 2019, quedan por vivir uns 10,78 anos máis. Unha media que non ten en conta o impacto do coronavirus que chegaría en 2020.

Dous homes len unha necrolóxica nunha rúa do municipio galego de Guitiriz, en Lugo, Galicia (España), a 17 de febreiro de 2021. Esta localidade galega contabilizou un total de 123 positivos nos últimos 14 días, o que sitúa a súa incidencia acumulada. Carlos Castro - Europa Press
Dous homes len unha necrolóxica nunha rúa do municipio galego de Guitiriz, en Lugo, Galicia (España), a 17 de febreiro de 2021. Esta localidade galega contabilizou un total de 123 positivos nos últimos 14 días, o que sitúa a súa incidencia acumulada. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

A esperanza de vida en Galicia é superior a EE.U ( 76,1 para os homes e 82,1 para as mulleres) e moi superior, por exemplo, a Corea do Norte, cunha esperanza media de 72 anos. ¿ increíble, non ?