Xa son 2.220 os mortos con covid en Galicia

A Xunta informa de sete falecidos máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

A morte doutras sete persoas que foran diagnosticadas coa covid-19, cinco homes e dúas mulleres con idades comprendidas entre os 62 e os 98 anos, elevan as vítimas da pandemia en Galicia a 2.220.

Dos falecementos comunicados este venres pola Consellería de Sanidade, só un tivo lugar este venres. Trátase dunha muller de 89 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).

Pola súa banda, seis correspóndense coa xornada do xoves, día 25 de febreiro. En concreto, Sanidade informa da morte de dous homes de 87 e 98 anos e dunha muller de 76 que faleceron no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Ademais, un home de 72 anos perdeu a vida no CHUF, un home de 70 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), e outro de 62 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo os datos da Consellería de Sanidade, todos eles presentaban patoloxías previas.

Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo
Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta