Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/03/2021 | Actualizada ás 19:11
Unidas Podemos instou o Goberno central, do que forma parte, a decretar o peche cautelar da actividade da planta de Ence na ría de Pontevedra ata que "unha inspección independente" comprobe o estado das instalacións.
O portavoz de Galicia En Común, Antón Gómez-Reino, tamén anima á Fiscalía a actuar de oficio e abra unha investigación que determine "posibles afeccións sanitarias e ambientais" sobre o persoal da factoría e a contorna.
Ao fío da difusión dunhas declaracións do conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenares, nas que falaba dun posible "susto" ambiental en Lourizán, o deputado e secretario xeral de Podemos Galicia demanda que desde o Estado "se despexen" as dúbidas sobre o estado da planta a través dunha inspección independente.
Gómez-Reino incidiu en que Ence "foi repetidamente condenada por delitos e irregularidades ambientais" coa "descarada complicidade" da Xunta, á que acusa de non exercer as súas competencias no relativo á factoría pontevedresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.