A Covid mantense estable en Galicia: descenden os contaxios a 132 e baixan as hospitalizacións

Os casos activos caen lixeiramente a 2.185 e a taxa de positividade mantense nun 2%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A presión hospitalaria mantén a tendencia descendente en Galicia tras reducirse a 173 os pacientes Covid ingresados en toda a Comunidade galega --15 menos--, aínda que hai un máis en UCI, e, tras tres xornadas de aumento paulatino, os novos contaxios caeron a 132, así como os casos activos, que baixaron a 2.185.

Segundo os rexistros actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con datos ata as 18,00 horas deste mércores, hai 28 pacientes Covid en UCI en Galicia, o que supón un máis que a xornada anterior, pero baixan a 145 os hospitalizados noutras unidades --16 menos--.  Nesta xornada descenden os hospitalizados nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza, onde aínda que seguen 11 pacientes Covid en UCI, redúcense a 50 os ingresados noutras unidades, cinco menos.

Na de Vigo mantéñense seis en UCI e baixan a 30 os pacientes Covid ingresados noutras unidades --tres menos--; así como na de Santiago e Barbanza, onde continúan catro en críticos e descenden a 14 os doutras unidades --dous menos--. Tamén a área de Lugo segue sen cambios na UCI, con tres pacientes Covid, e rexistra cinco noutras unidades --dous menos--; mentres que a de Ferrol continúa sen pacientes en críticos e reduce a oito os doutras unidades --un menos--. Pola súa banda, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés soben a dous os pacientes Covid en UCI --uno máis-- pero baixan a 20 os doutras unidades --dous menos--.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, tras a tendencia ascendente rexistrada desde o inicio da semana, descenderon lixeiramente a 2.185 en Galicia (ao haber máis altas que contaxios), o que supón 48 menos. Por áreas, os casos activos soben lixeiramente en dúas: Ourense (+1) e Pontevedra e O Salnés (+17); mentres que descenden nas da Coruña e Cee (-33); Vigo (-23); Ferrol (-5), Lugo (-3) e Santiago e Barbanza (-2). Por tanto, a da Coruña e Cee segue á cabeza, con 616; seguida da Vigo, con 600; Santiago e Barbanza, con 318; Pontevedra e O Salnés, con 283; Lugo, con 142; Ourense, con 140; e Ferrol mantense á cola, con 86.

MENOS CONTAXIOS

Tamén se freou a tendencia ascendente dos novos contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba, que baixan a 132; tras iniciarse a semana con 112, subir a 139 o martes e ascender a 181 este mércores. Do total de positivos, 139 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas --catro menos que a xornada anterior--, deles 40 corresponden á área de Vigo; 30, á da Coruña e Cee; 28, á de Pontevedra e O Salnés; 20, á de Santiago e Barbanza; 10, á de Ourense; seis, á de Ferrol; e cinco, á de Lugo.

Deste xeito, ascenden a 118.080 os contaxiados de Covid-19 en Galicia, dos que 28.655 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.488, á de Vigo; 18.669, á de Santiago e Barbanza; 14.922, á de Ourense; 12.946, á de Pontevedra e O Salnés; 123.117, á de Lugo; e 8.283, á de Ferrol. Ata a data da última actualización de datos Galicia levou a cabo 1.891.428 PCR, que supoñen 7.015 probas máis que o día anterior --case 200 menos que as realizadas a xornada pasada--.

Pola súa banda, a taxa de positividade, tras ter repuntado a un catro por cento no inicio da semana, mantense como a xornada pasada nun 2%, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

Ata o momento a pandemia deixa en Galicia 2.363 persoas falecidas diagnosticadas de Covid-19 despois de notificar a Consellería de Sanidade este mércores a morte doutros tres. En concreto, os óbitos corresponden a un home de 95 anos ingresado no complexo hospitalario de Vigo e dúas mulleres de 79 e 87 anos no complexo de Ferrol e no de Pontevedra, respectivamente. Os tres presentaban patoloxías previas. Mentres, ata o momento curáronse da Covid-19 un total de 113.554 pacientes no conxunto da Comunidade galega, o que supón 177 máis que os rexistrados ata a xornada anterior.

Persoas acoden á vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Persoas acoden á vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta