Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 11:16
Galicia mantén a tendencia ascendente nos casos activos de Covid-19 por oitava xornada consecutiva, mentres que os novos contaxios dispáranse a 229, tras superar a barreira dos 200 o pasado sábado, pero situarse por baixo o resto de xornadas. Pola súa banda, os pacientes con este coronavirus hospitalizados aumentaron en 13, ata os 195.
Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se indica que hai 26 pacientes Covid ingresados en UCI en toda Galicia, un máis, e 169 noutras unidades, 12 máis.
Por áreas sanitaria, a presión hospitalaria sobe en catro das sete: A Coruña e Cee; Ourense; Santiago e Barbanza e Vigo; mentres que se mantén na de Lugo; e baixa nas de Ferrol e Pontevedra e O Salnés.
En concreto, na área da Coruña e Cee seguen sete pacientes Covid en UCI, pero soben a 56 os ingresados noutras unidades --catro máis--; así como na de Vigo, onde catro persoas permanecen en críticos e aumentan a 34 as hospitalizadas noutras unidades --catro máis--.
Pola súa banda, na de Ourense increméntanse a cinco os pacientes Covid en UCI --dous máis-- e a 16 os doutras unidades --un máis--; mentres que na de Santiago e Barbanza aínda que baixan a tres os críticos --un menos--, soben a 26 os que permanecen noutras unidades --cino máis--.
En canto á de Lugo, non experimenta cambios e continúa con tres en UCI e oito noutras unidades. Mentres, na de Pontevedra e O Salnés seguen catro en críticos e descenden a 21 os doutras unidades --un menos--. E a área de Ferrol prosegue como a única de Galicia sen ingresados Covid en UCI e reduce a oito os hospitalizados noutras unidades --uno menos--.
MÁIS CASOS ACTIVOS
En canto aos casos activos, hai un aumento por oitava xornada consecutiva ao situarse en 2.523 contaxios, o que supón 84 máis que a xornada anterior. Iso débese a que houbo máis contaxios (229) que altas (145). Por áreas, as infeccións activas soben en seis do sete: Pontevedra e O Salnés (+32); Vigo (+17); Santiago e Barbanza (+16); Ourense (+12); A Coruña e Cee (+6) e Ferrol (+4), mentres que na de Lugo descenden lixeiramente en tres.
Deste xeito, a de Vigo mantense á cabeza en número de casos activos con 642; seguida da da Coruña e Cee, con 608; Pontevedra e O Salnés, con 407; Santiago e Barbanza, con 379; Ourense, con 217; Lugo, con 173; e Ferrol segue á cola, con 97.
VIGO, Á CABEZA DE CONTAXIOS
Pola súa banda, os novos contaxios disparáronse e superaron, como sucedeu o sábado pasado, a barreira dos 200 ata alcanzar os 229, tras iniciar esta semana con 126, repuntar a 165 o martes, descender lixeiramente a 158 este mércores e volver aumentar a 199 este xoves.
Segundo os últimos datos actualizados, confirmáronse 199 positivos con PCR nas últimas 24 horas, o que supoñen 22 máis que a xornada anterior, coa área de Vigo á cabeza, con 57; seguida da Coruña e Cee, con 45; Pontevedra e O Salnés, con 40; Santiago e Barbanza, con 29; Ourense, con 12; Lugo, con 10; e Ferrol, con seis.
No que respecta á taxa de positividade, descendeu a un 1,9 por cento, tras manterse nun 2% o resto da semana despois de baixar o luns a un 1%, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.