Por E.P. | A CORUÑA | 26/04/2021 | Actualizada ás 19:54
O grupo Oîma e Pablo Sanmamed, Margarida Mariño e María Toro, coas súas bandas, protagonizarán o novo ciclo 'Maio Jazz' da área de Cultura da Deputación da Coruña. Os concertos terán lugar os domingos de maio, ás 20,00 horas, e a entrada será gratuíta ata completar o aforamento permitido.
O día 2 arrincará con Oîma, o trío composto por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico) coa presentación do seu traballo 'Ala!'; o día 9 tocaralle a quenda a Pablo Sanmamed e o día 16 a Margarita Mariño e o 30 de maio María Toro pecha con 'Fume' esta primeira edición do ciclo.
"Comprácenos presentar un novo ciclo, en primeiro lugar, porque, neste tempo xa é unha boa noticia dar conta de algo que nace porque apunta ao proceso de recuperación que a música ao vivo necesita e, máis aínda, se é un programa da calidade", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, na presentación.
Do ciclo, dixo tamén que contén "propostas extraordinarias que mostran a vitalidade e calidade desta nova xeración de artistas", sinalou o deputado provincial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.