O enfrentamento entre Vicepresidencia e a Consellería da Presidencia

O pasado xoves tivo lugar en dependencias de San Caetano unha discusión protagonizada polo secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, e o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/02/2007 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

"Gustaríame comentarvos un altercado do que fun testigo o xoves pasado na xunta, a cargo do Ilustrísimo Antonio Losada.

Estaba un currito onde están os xardins interiores, perto de onde se celebran os Consellos de Goberno, quitando uns rótulos que o S.X. de Vicepresidencia mandara poñer o día anterior, onde aparecía reflectida a estampa en grandes letras de Vicepresidencia.

Pero resulta que nas dependencias hai uns despachos que pertencen á Subdirección Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia (Romeu).

Enton Losada acercase ao traballador, que esta subido a unhas escaleiras e lle pregunta que está a facer (estaba rascando o rótulo) e que quen lle mandara. O individuo sinala abaixo e di: "foron estos".

Recoñecín ao Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia, e creo que estaba cun xefe de servizo.

Nese momento Antonio Losada empeza a BERRAR, completamente encolerizado, dicindo frase do sentido de "Usted non sabe con quen está falando.."

Insulta, berra e manda chamar ao comisario da Xunta. Cando chega o Policía, dille: "DETENGA A ESTES DOUS!!!!", "FORA DA XUNTA".... etc, etc. Todo isto diante de bastante xente. O espectaculo foi lamentable, absolutamente reprochable".

O que se relata nesta mensaxe foi ratificado por varias persoas máis e por fontes da Presidencia da Xunta. Dende este departamento denuncian os xeitos de Antón Losada para cos traballadores da Xunta.

Tamén dende a consellería de Méndez Romeu criticaron o trato de Losada cara ós funcionarios e cara á propia Policía, o que provocou aintervención do propio conselleiro da Presidencia. Nembargantes, non quixeron confirmar se o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia chegou a presentar unha denuncia xudicial contra o secretario xeral da Vicepresidencia, que posteriormente retirou, tal e como sinalaron outras fontes a este medio

Por outra banda, dende a Vicepresidencia confirmaron que existiu un pequeno incidente debido o "exceso de celo" do departamento que dirixe Méndez Romeu. Segundo nos contaron, o malentendido xa foi totalmente aclarado e xurdiu porque a Consellería de Presidencia pretendía modificar os carteis da Vicepresidencia (incluindo da Igualdade e do Benestar), sen ter consultado antes con este departamento. En todo caso, puntualizaron que se tratou dun feito normal dentro das relacións que hai entre as distintas consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

13 anónimo

Brañas: Cal foi a falcatruada da megayupi conselleira?

12 hadrian

Imos ver ...

A Conselleria de Presidencia retira sin permiso cartaces da Vice-Presidencia, e a culpa a ten Losada ???

Home, a min este tipo caeme fatal, pero a manipulación deste medio non ten fin.

11 observador

O amijo Losada é capas diso e de moito máis. Que lle prejunten a aljún xornalista, que foi atosado no seu propio posto de traballo,por ese individuo que tan só ten creto xa na SER (Angels Barceló) e nos 59 sejundos. Supoño que non saberán quen é este home...
Quin, Quin, Quin, que por seren de Allariz non son mellores persoas, nin presentadores, nin políticos, nin nada de nada.

10 Brañas

A noticia que nos conta hoxe Galicia Confidencial circulaba o mesmo venres por tódalas redaccións .Nos medios públicos había moitiiisimos nervios.Mesmo un xefe , deses que se van sempre as tres en punto, quedou ata altas horas da noite comprobando se o suceso saía por algures para poder dinamitalo convenientemente.
Pero claro, ninguén o sacou ,nin radio , nin prensa, nin axencias.
Logo falan da censura do PP e dos malos modos de Fraga.
!Que pena de video!.Pero claro esto é unha anécdota e o do vello era mala hostia e fascismo.
Só espero que algún dia faga algo tan gordo que sexa imposible ocultalo.
Aínda que despois da falcatruada da megayupi conselleira , que podemos esperar.
!Que noxo!E aínda defenden estas maneiras os que levan a vida presumindo de nacionalistas.
Definitivamente estamos perdidos.

9 Blas

Viva Antón Lousada, Superpiñeiro e Estevo das Estrivadas. Que pase o que pase a culpa sempre é do PsoE.

Que Deus lle conserve a Lousada moitos anos a Quin,vaille facer falla.