O Parlamento aproba a iniciativa 'Xabarín' para reforzar a programación infantil en galego

PPdeG, BNG e PSdeG votaron a prol da proposta impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/05/2021 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou, por unanimidade, a proposta impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística que fixaba o reto de crear unha canle 'Xabarín' para reforzar a programación infantil e xuvenil en galego.

Xabarín club
Xabarín club | Fonte: CRTVG.

Na votación, celebrada este mércores durante o pleno ordinario que tivo lugar no Pazo do Hórreo, os tres grupos con representación na Cámara galega, PPdeG, PSdeG e BNG, votaron a favor da iniciativa tras perfilar este martes un acordo de transacción. Así, instouse a que a CRTVG aumente a oferta destinada á infancia e mocidade a través do reforzo de catro canles dixitais infantís --canles 'Xabarín'--.

En concreto, expúxose que o sinal destas catro canles se distribúa a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, ADSL e tecnoloxía móbil con programación infantil e xuvenil en todas as plataformas de contidos individuais.

A iniciativa tamén incide no impulso de 'apps' actualizadas que incorporen programas e xogos para garantir a presenza de contidos atractivos e educativos, ademais de na produción galega. Do mesmo xeito, a Cámara demandou que se igualen os contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, os subtítulos e as audiodescricións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta