Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2021 | Actualizada ás 16:30
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibiu a unha delegación de persoas trans que reivindican o recoñecemento dos seus dereitos.
Acompañado por representantes dos grupos parlamentarios, a visita foi solicitada polo colectivo e enmárcase nunha campaña de ámbito estatal impulsada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), Fundación Triángulo e Chrysallis.
Esta campaña percorre diferentes puntos do país cunha bandeira trans xigante en procura do consenso de cidadanía e institucións, reivindicando a protección dos dereitos trans na lexislación.
Santalices deulles a benvida á Cámara galega e convidou os participantes a compartir as súas inquietudes cos grupos, a quen corresponde a presentación de propostas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.