Por admin | GCAberto | 28/05/2021
Defendo o dereito a autodeterminación dos pobos, defendo os dereitos humanos, defendo ao pobo saharaui e ao pobo palestino na súa loita pola independencia, o seu dereito a ser libres na súa terra, a xustiza, loito contra a lei do máis forte, contra a barbarie.
A dictadura franquista traicionou ao pobo saharaui, o emérito entón herdeiro dun Franco moribundo, vendeu o Sáhara Occidental, entón provincia española a Marrocos, quixo facer o mesmo con Ceuta e Melilla. O Estado español traicionou ao pobo saharaui e ten unha débeda histórica.
O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente por Marrocos e o Estado español é culpable desa situación por acción e omisión. Marrocos é unha dictadura e unha forza de ocupación no Sáhara Occidental e o Estado español era responsable do Sáhara cando foi ocupado por Marrocos.
Na cuestión do Sáhara Occidental e as relacións con Marrocos existen dúas opcións para o Estado español, ou ser valentes e honestos recoñecendo la débeda histórica có pobo saharaui, ou seguir sendo cobardes e traidores aceptando o chantaxe da dictadura marroquí.
Marrocos está ocupando ilegalmente o Sáhara Occidental dende 1974. O exército marroquí ocupou o Sáhara pola forza cando era territorio español, o pobo saharaui é víctima dunha ocupación ilegal do seu territorio.
O pobo saharaui ten dereito a decidir o seu destino.
Marrocos é unha dictadura que non respeta os dereitos humanos e o Sáhara Occidental esta ocupado ilegalmente. Verdades incómodas, pero manter boas relacións cunha dictadura que usa como arma os seus nenos e traizoar outra vez ao pobo saharaui non ten nome.
Os españolazos do PP e os periodistas mamporreros estanlle pedindo ao Goberno español que baixe os pantalóns ante a dictadura de Marrocos. O orgullo patrio o teñen na carteira e a dignidade é unha palabra da que non saben o significado, algo demostrado có Sáhara.
Periodistas de dereitas "muy españoles y mucho españoles" defendendo que hai que pedir permiso a Marrocos para tomar decisións, por sí un rei sátrapa dictador enfadase e utiliza aos seus nenos como armas, patriotas de bolsillo e Mohamed VI darálles unha propina por traidores.
O rei de Marrocos non é malo por ser rico, é ruín por ser un dictador e un sátrapa que mantén ao seu pobo na miseria e ten ocupado pola forza o Sáhara Occidental dende 1974.
O españolazo Casado pidelle ó goberno que bique o cú ó sátrapa Mohamed VI e que non vuelva a falar do Sáhara Occidental, non vaia a ser que se enfade, a próxima vez segundo Casado deben pedir permiso a Marrocos antes de tratar a alguén nun hospital. Vamos un patriota.
Mohamed VI atopa en Pablo Casado un aliado imprescindible para os seus plans. O líder do PP vai repartindo as culpas entre Pedro Sánchez e Unidas Podemos aos que acusa de ter provocado a crisis de Ceuta ignorando que a decisión de abrir a fronteira veu de Rabat.
Os enfados de Mohamed VI miden as crisis migratorias, para mostra o día que a Garda Civil deulleol alto no Estreito e o caprichoso sátrapa abriu a fronteira como vinganza. Agora a dictadura marroquí ten atopado un aliado en Casado e no PP para seguir cos seus plans.
André Abeledo Fernández
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.