Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 07/06/2021
A situación de paro en xeral, e xuvenil en concreto, é terrible. ¿ Como se chegou esta situación?. ¿Cómo é posible que ante esta realidade as autoridades políticas non adopten medidas estratexias para solucionar esta situación?. E tendo tanto paro e precariedade laboral ¿Por qué o goberno no seu Plan 2050, continuación da axenda 2030, infórmanos que van traer cada ano 250.000 traballadores foráneos?.
É certo que a pertenza á Unión Europea priva ao Estado de soberanía. Sen soberanía económica (moeda propia), e estar ao ditado do Banco Central Europeo convértenos en súbditos, nun protectorado.
Non deixa de ser curioso que os políticos españois se empecinen en seguir a axenda económica de Bruxelas sen realizar obxeccións, e sexan defensores de decisións que conducen ao subdesarrollo. Exemplo, o peche das centrais térmicas e nucleares, cando Alemaña está a construír mais centrais térmicas, e en Francia é maioritaria a electricidade atómica. E, como non, hoxe entra en vigor a nova factura da Luz, que conleva un encarecemento extraordinario do servizo esencial para as familias.
A outrora banca pública galega, agora en mans de capitalistas venezolanos, “facendo as Américas”. Pescanova en mans dos mesmos americanos. Estaleiros pechados, a pesca cada día con máis restricións. 200.000 galegos abandonaron nos últimos 10 anos Galicia. E todo iso na administración do “bo xestor”, e co goberno máis “progresista da historia de España”.
“Escravo é aquel que espera por alguén que veña e libéreo”, lembrábanos o poeta Ezra Pound.