Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 10:40
Xosé Benito Reza presenta no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela o seu libro "Un galego no Camiño Portugués". O acto celebrarase o vindeiro xoves 24 de xuño ás 18:00 horas. En dito acto, o autor estará acompañado de Manuel González, membro da Real Academia Galega e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro de Humanidades e do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.
Neste libro contarase a historia dun galego que decidiu ir a Lisboa para subir en bicicleta ata Santiago por un camiño esquecido que el ten a intención de recuperar. Por mor da Covid, no acto haberá que respectar as distancias de seguridade e o uso obrigatorio da máscara. Prégase ao público que se achegue 30 minutos antes do comezo para evitar aglomeracións, xa que a entrada é libre ata completar o aforo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.