A elite do jazz galego dá o salto ao Miño e desembarca en Portugal

Braga acollerá esta fin de semana concertos da Orquestra Galega de Liberación e o trío Sumrrá.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O jazz galego dá o salto ao Miño e desembarca do outro lado da fronteira. Os grupos Sumrrá e a Orquesta Galega de Liberación presentarán nos vindeiros días algúns dos seus últimos traballos alén do río que separa Galicia e Portugal, na cidade de Braga, onde deleitarán os presentes con algunha das formas máis intricadas e, sobre todo, improvisadas de jazz do país.

Jazz
Jazz | Fonte: Pixabay - Tatlin

A primeira cita será ao carga da Orquestra Galega de Liberación e terá lugar o vindeiro sábado 17 de xullo. Será as 21:00 que este conxunto de 17 músicos galegos presentado en setembro de 2020 desembarque en Portugal co seu traballo homónimo, no que a improvisación é a clave que marca o ritmo destes músicos recoñecidos comandados polo director Xacobe Martínez Antelo. 

O domingo 18 de xullo será a quenda de Sumrrá, que presentará o seu derradeiro traballo, titulado 7 visións, que será interpretado ás 18:00 horas no Teatro Circo de Braga. A conxunto está composto polo propio Xacobe Martínez ao contrabaixo, o pianista Manuel Gutiérrez e, por último, o batería L.A.R. Legido, considerados un grupo de culto no marco do panorama galego e que agora dan o salto ao outro lado do Miño para levar ao país irmán as formas galegas do xénero de Charlie Parker e Bill Evans.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta