Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 12:42
Multitude de rapaces e rapazas menores de 20 conseguiron nas últimas horas unha cita para se vacinar no Servizo Galego de Saúde. A pesar de que, en principio, este grupo de idade iría despois da franxa de entre 20 e 29 anos, cuxa inmunización comeza este mesmo xoves en Santiago de Compostela, un fenómeno na páxina do Sergas que aínda non se dilucidou como sorpresa ou erro vén de permitir a persoas de esta franxa de idade lograr a autocita para se vacinar.
A sorpresa saltou a última hora da tarde do pasado mércores. Polas redes sociais correron ducias de mensaxes alertando de que a aplicación de autocita instaurada polo Sergas a comezos destes mes quedara aberta ao común da poboación; e non só a estudantes cun Erasumus comprometido para o curso vindeiro ou outras cuestións concretas polas que o Sergas decidira avanzar a vacinación.
Pouco durou a ledicia xeralizada: a web da autocita tan só permitía o acceso aos menores de 20 anos. Con todo, foron multitude de persoas nesta franxa de idade as que conseguiron unha cita para se vacinar, como amosaron pouco despois polas mesmas redes sociais que, horas antes, deran a nova.
Teño cita para vacunarme 🥰🥰 pic.twitter.com/b3pg9CNNhk
— Dᴀᴠɪᴅ Bʟᴀɴᴄᴏ 🏁 (@DavissWhite) July 21, 2021
Ata o momento, Galicia xestionou a administración de doses contra a covid por cuestión de idade; alén do caso daqueles colectivos que, a ollos da administración sanitaria, presentaban un risco de exposición ao virus máis elevado: sanitarios, profesores, corpos de seguridade, etc. Queda por ver se o Sergas aclara se este suceso foi ou non un erro, que carrexou ter "saltado" a parte da xeración dos 20-29 anos, e se finalmente mantén as datas comprometidas por aqueles que foron o suficiente rápidos como para facerse cun oco.
@ACIS_sergas podeis explicar por que habeis decidido ahora saltaros el tieno de vacunacion y dejarnos a los de 20-29 sin vacunar y empezar con los menores de 20?!?! Que poca verguenza teneis
— Patricia (@PatriOfSpain) July 21, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.