Anunciados os finalistas dos Premios Eganet 2013

O programa Banda Ancha leva o galardón de honra, que recollerá nunha cerimonia a celebrar en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/01/2014 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O xurado dos premios anuais que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) ven de resolver e facer públicos os finalistas da X Edición dos Premios Eganet 2013 de entre as 105 candidaturas presentadas.

Buydeal e o resto de gañadores dos premios EGANET 2011
Buydeal e o resto de gañadores dos premios EGANET 2011

O vindeiro venres día 31 de xaneiro de 2014 terá lugar o acto de entrega dos galardóns no Pazo de Congresos Mar de Vigo, nunha gala que comezará ás 12.30h da mañá, ao longo do cal coñeceremos aos gañadores nas cinco categorías a concurso.

No transcurso da Gala, entregaremos o Premio Especial Eganet que foi elixido en votación interna polos socios de Eganet, que recaeu este ano no programa Banda Ancha da Radio Galega dirixido por Xosé María Fernández Pazos. Programa de radio que cumpre cinco anos adicados á difusión das novas tecnoloxías e a sociedad de información en Galicia.

A listaxe definitiva de finalistas é a seguinte: 

Categoría: Proxecto Colaborativo TIC

Murallas Dixitais, presentado por Astrágalo Studio, Academia Postal3 Vigo, G12 Grupo e CLICTIC

Portal das Palabras, presentado por imaxin|software, Real Academia Galega (RAG), Fundación Barrié e CG Produccións

Integración CMS e ERP, presentado por Visual Publinet e Inteco Ingeniería

Feirón, presentado por R, Softwhisper, A Navalla Suiza e Tuapli

SmartNauTic - Navegador nautico en realidade aumentada, presentado por Human Soft

Pictoaplicaciones, presentado polo Grupo Promedia

iPetrol - Monitorización de Estacións de Servicio, presentada por Conexiona Telecom

xeoPesa, presentado pola Asociación xeoPesca

Categoría: Comunicación Dixital

Campaña en Galicia do Sorteo de Oro de Cruz Roja, presentado por Nasas, Agencia Creativa de Marketing Online

Open Day Entremetidos - La Atalaya Coruñasa, presentado por Entremetidos

O Castelo da Rocha Forte, presentado polo Concello de Santiago de Compostela

Portal das Palabras, presentado por imaxin|software

Felicitame.es, presentado por Contact Comunicación

"Un puntazo" programa de fidelización e ecommerce, presentado por Disashop

Xcloud Bookstore, presentado por Enxenio

El Faro de los Tres Mundos, presentado por Visual Publinet

Os finalistas da categoría Proxecto Emprendedor TIC daranse a coñecer mañán unha vez rematado o proceso de votación popular na páxina en Facebook de Eganet.

Os gañadores de cada categoría daranse a coñecer no transcurso da Gala dos Premios que se celebrará o próximo venres, día 31 de xaneiro de 2014, no Pazo de Congresos Mar de Vigo, un acto que por segundo ano se celebra en conxunto coa Lacon Network 4th na que entre outras actividades teremos unha conferencia de Enrique Dans.

A Gala terá este ano dous presentadores moi vencellados ao mundo do emprendimento: Eloy Gesto de Escuela Inventa e Marisol Vázquez de Grupo Affines, ambos promotores do evento OpenYourMindSCQ.

A entrega dos Premios Eganet 2013 comezará ás 12:30h e a asistencia é gratuíta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta