Máis de 400 persoas participaron na segunda edición do programa de capacitación dixital 'Enredando Tour'

A iniciativa percorreu 1.600 quilómetros por toda Galicia desde a súa posta en marcha no mes de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2024 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Máis de 400 persoas participaron na segunda edición do progama 'Enredando Tour', impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnoloxía de Galicia (Amtega) e Cruz Vermella e que percorreu 1.600 quilómetros por toda Galicia desde a súa posta en marcha no mes de xuño. Betanzos acolleu a última parada da segunda edición desta iniciativa, que chegou a unha vintena de localidades co obxectivo de favorecer a capacitación dixital das persoas maiores a través de obradoiros, ferramentas dixitais e contidos especializados.

O peche do programa, centrado na banca electrónica, contou coa participación do director da Amtega, Julián Cerviño, o director provincial de Cruz Vermella, Manuel Viqueira, e a presidenta da Asociación Española de Banca, Alejandra Kindelan. Alí, Kindelan avogou por reforzar a dixitalización como camiño para favorecer a inclusión porque "amplía o acceso a todos os servizos" e "elimina barreiras xeográficas e temporais, en calquera lugar, as 24 horas ao día e os sete días da semana".

"A través de talleres como este da Cruz Vermella e de Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) ponse tamén de manifesto a importancia da colaboración público privada en iniciativas de capacitación dixital, para que todos podamos aproveitar as vantaxes da dixitalización, unha ferramenta que pode mellorar a vida das persoas", sinalou. Pola súa banda, Julián Cerviño resaltou a colaboración cos concellos galegos para a implantación da rede CeMIT, composta por 94 aulas repartidas por toda Galicia.

Máis de 400 persoas participaron na segunda edición de 'Enredando Tour', que percorreu 1.600 quilómetros. XUNTA
Máis de 400 persoas participaron na segunda edición de 'Enredando Tour', que percorreu 1.600 quilómetros. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta