"Os últimos cabalos realmente salvaxes de Europa están aquí, en Galicia"

Un coñecido youtuber viraliza os equinos da serra fronteiriza con Portugal nun vídeo cargado de gastronomía e cultura do país.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Un youtuber pon a gastronomía e a paisaxe de Galicia sobre o centro das olladas cun vídeo sobre os cabalos salvaxes da fronteira con Portugal. O autor Lethal Crysis, Rubén Díez, con máis de catro millóns de seguidores na súa canle de Youtube, vén de publicar unha curtametraxe na popular plataforma de vídeos na que el mesmo desenvolve unha travesía polas montañas da raia cun pretexo claro: chegar a ver os cabalos salvaxes da zona, que el mesmo describe como "os únicos de Europa en total liberdade".

O youtuber Lethal Crysis no seu vídeo viral sobre os cabalos salvaxes da serra galega
O youtuber Lethal Crysis no seu vídeo viral sobre os cabalos salvaxes da serra galega | Fonte: Youtube

A metraxe, que vén de trocar nunha das producións máis visitadas de Youtube nas últimas horas, ten tamén espazo para un percorrido gastronómico e varias entrevistas con persoas da zona que dan fe da relevancia histórica desta particular raza de cabalos, os garranos, na área. "Eu non tiña coche nin ostias", apuntan un home nun dos primeiros fragmentos do vídeo. 

O tamén chamado 'poni portugués' --pola súa baixa estatura--, é, en realidade, unha especie autóctona da península ibérica que hoxe apenas se conserva en estado de liberdade nas serras que unen Portugal e Galicia. Un pequeno segredo dos montes galegos que, a poucas horas de ser feito público por este youtuber, acumula xa máis de 80.000 visualizacións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta