Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 10:50
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (Cpetic) presentarán este martes en Santiago de Compostela o documental 'Marxe de erro', que mostra unha visión en primeira persoa das mulleres nas enxeñarías a través de cinco protagonistas.
A directora da Amtega, Mar Pereira, participará na presentación, no Gaias Tech da Cidade da Cultura, xunto á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o subdirector xeral de Formación Profesional, Carlos Vázquez Mariño.
O obxectivo deste documental, destacaron por parte do Cpetic, "é pór en valor a necesidade da presenza feminina nas carreiras tecnolóxicas e, en especial, no ámbito da informática".
Entre os asistentes á estrea están tamén convidados, sinalou a organización, alumnos de Bacharelato STEMbach de centros educativos de toda Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.