O Parlamento insta a Xunta a resolver "as graves deficiencias" no Hospital Psiquiátrico de Conxo

A última avaliación realizada "puxo sobre a mesa que algúns pacientes levaban ingresados 50 anos no centro sen control e nunha situación indigna e humanamente inaceptable", manifestou o socialista Julio Torrado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia insta a Xunta a adoptar "as medidas necesarias" para "resolver na maior brevidade posible" as "graves deficientes" detectadas polo Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Así se acordou coa aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei presentada polo Grupo do PSdeG na Comisión 5ª sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para resolver as carencias e deficiencias detectadas en materia de recursos humanos e materiais no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

"O informe -do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura- píntanos a cara a todos, pero despois de tres anos neste debate, quítalle a vergoña a este goberno e ao Grupo Parlamentario que o sustenta", manifestou o portavoz de sanidade socialista, Julio Torrado, en alusión á última avaliación realizada no mes de xullo polo ente, que "xa puxo sobre a mesa que algúns pacientes levaban ingresados 50 anos no centro sen control e nunha situación indigna e humanamente inaceptable".

Deste xeito, a iniciativa aprobada polos tres grupos parlamentarios --PP, BNG e PSOE-- insta a "resolver os problemas relacionados co seguimento, vixilancia, ingreso e calidade asistencial das persoas alí integradas".

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta