Sobre o réxime censitario e a nova normalidade

O goberno da república de Grecia acordou prohibir a partir de decembro aos non vacinados entrar en restaurantes, estadios, cinemas, teatros, ximnasios e edificios públicos. Todo isto simplifícase, en opinión dalgúns tertulianos ou comentaristas, no clásico: 'Trata como che traten'.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 26/11/2021

Comparte esta noticia
En Austria a partir de febreiro será obrigatorio meterse a dose que indique o goberno. 
En Europa están a producirse manifestacións que terminan en enfrontamentos  coa policía por esta cuestión. En Bruxelas, Róterdam, Roma, Londres, Breda,  Zagreb, Viena, Copenhague. Tamén  en Australia.  Os manifestantes consideran e afirman que estas normas teñen unha derivación ou transcendencia moi superior á cuestión concreta do covid. 
 
O especialista virólogo Luís Enjuanes expresou unha opinión política de enorme calado. Enjuanes dixo que a Seguridade Social non debería facerse cargo dos tratamentos aos non vacinados de covid. Escoiten ao entendido: "Se eles non colaboran coa sociedade, a sociedade non debe colaborar con eles".
 
En España, vacinarse non é obrigatorio. Hai  persoas que pagan as súas cotas á Seguridade Social, pagan os impostos correctamente, e  non queren vacinarse (aínda que non é unha vacina), e  que coas súas cotas e achegas á sanidade pública aténdense aos enfermos de todas as patoloxías. A todos, tamén aos que non pagan.  O único criterio é a enfermidade.
 
Aténdese e dase sempre asistencia sanitaria  aos enfermos sen entrar en consideracións económicas, morais, relixiosas, políticas, etc. E moitos, eu tamén, (e tamén vacinado), estamos orgullosos do noso sistema.   Por iso xórdeme a seguinte pregunta,   pódese violentar a un cidadán que contribúe cos seus impostos ao ben común?.  Pódeselles forzar a eses contribuíntes solidarios a meterse un tratamento que non desexan?. Pregúntao un vacinado.   
 
Por iso, o manifestado polo virólogo Luís Enjuanes "Se eles non colaboran coa sociedade, a sociedade non debe colaborar con eles", en realidade, Que significa?.  En España para impor a obrigatoriedade da vacina sería necesario aprobala mediante Lei Orgánica dado que afectaría entre outros ao dereito ao traballo, o dereito á autonomía, á integridade física, e un longo etc.
 
Pero tamén é certo que o Goberno xa impuxo restricións a dereitos fundamentais, que posteriormente foron declaradas inconstitucionais.  A norma xurídica  levaría, ou tería que  levar aparellado,  un sistema de garantías para o cidadán e de deberes para a administración e a industria farmacéutica. Pero tamén un sistema sancionador para o cidadán que non queira aceptar esa norma. 
 
Para moitos dos  vacinados, como é o meu caso,  o máis preocupante da cuestión é a carga de profundidade política e xurídica que ten a afirmación de "se eles non colaboran coa sociedade, a sociedade non debe colaborar con eles". E é que o normal na historia contemporánea foron os réximes censitarios ou capacitarios, e a excepción é o actual sistema universal. 
 

Vacinación contra a COVID-19
Vacinación contra a COVID-19 | Fonte: Junta de Andalucía - Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA