Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 11/12/2021 | Actualizada ás 19:00
Esta mañá, ás 11.30 h, tivo lugar a charla arredor das músicas e a cultura da cidade de Lusiana baixo o título de "Walking to New Orleans". Foi no Club Riquela e participaron os músicos Aurora Nealand e Carlos Childe, o xornalista Jacobo Rivero e o escritor e músico Tom Sancton. A charla estará moderada polo crítico musical do diario El País Fernando Navarro.
No transcurso desta xuntanza presentouse tamén o libro de Jacobo Rivero "Bulbancha. Música, calle y resistencias desde Nueva Orleans", no que, a través de catorce historias en formato «documental» e de múltiples conversacións con persoas ligadas á cidade, ofrécese un retrato de Nova Orleans como espazo de cooperación colectiva e exemplo de rebeldía política e artística. Unha obra apoloxética na que se defende a música como ferramenta de resistencia, a construción de comunidades sólidas e a forza contestataria da creatividade individual e colectiva.
CONCERTO FINAL E SESIÓN DJ
Tamén na sala Riquela terá lugar o último encontro coa música no Outono Códax deste 2021. Aparece en escena o grupo The Allnight Workers, formación que no seu día foron definidos como un “supergrupo de rhythm and blues salvaxe aderezado con jump blues e swing”. Pero cando estaban en plena fase de expansión grazas ao seu segundo disco decidiron disolverse. As entradas están esgotadas xa dende días atrás.
Bastantes anos despois, dez concretamente dende a súa disolución, o Outono Códax 2021 será o escenario da súa reunión.
Se queredes saber máis da banda hai información na web do Outono Códax Festival.
Tralo concerto de The Allnight Workers, no Riquela a partir das 23.30h, haberá unha pinchada de Carlangas Dj (Novedades Carminha).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.