Reclaman unha maior presenza da música no ensino xeral e recuperar a materia de Artes escénicas e Danza

Unha concentración en Santiago censura os diversos borradores da LOMLOE, que continúan a manter a Música "na súa actual situación de precariedade".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/12/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

No marco de concentracións levadas a cabo a nivel estatal convocadas pola Confederación de Asociaciones de Educación Musical (COAEM), a Asociación de docentes de música de secundaria de Galicia (Asomúsica) concentrouse o pasado día 18 na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Consistiu nun pequeno concerto coral e unha mostra dunha clase na que se invitou ao público a participar. O obxectivo: reivindicar unha maior presenza da música no ensino xeral (Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato) e pedir a recuperación da materia optativa de Artes escénicas e Danza de 4ºESO. 

Concentración en Compostela para garantir a presenta da Música e as Artes escénicas no ensino xeral
Concentración en Compostela para garantir a presenta da Música e as Artes escénicas no ensino xeral | Fonte: remitida

Así, pediron garantir para a música un maior número de horas en todas as etapas obrigatorias e, en Bacharelato, garantir a optatividade en todas as modalidades ofrecendo materias optativas de música. 

Ademais do concerto coral, na concentración leuse un manifesto no que censuraron os diversos borradores da LOMLOE, que segundo entenden, "deixan claro que a materia de Música continuará na súa actual situación de precariedade, cunha presenza claramente

insuficiente e incoherente en Primaria e Secundaria". Do mesmo xeito, criticaron que a materia de Artes escénicas e Danza continúa a ter unha presenza residual na Educación Primaria.

Dende a Asociación de docentes de música de secundaria de Galicia sinalan que a Música mellora aspectos da formación como a concentración, a memoria, a coordinación, a expresión, a empatía, o traballo en equipo ou o desenvolvemento cognitivo. E favorece, así mesmo,  a integración, o intercambio de ideas, o respecto entre iguais, a creatividade ou o desenvolvemento da intelixencia emocional. Por iso, reclaman garantir a presenza da

Música en Infantil e en todo o Bacharelato, así como que deixe de ser "insuficiente e incoherente" en Primaria e Secundaria. 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta