Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/12/2021 | Actualizada ás 11:01
O militante vigués Francisco Barreiro presentou a súa candidatura para aspirar á Secretaría provincial do PSOE de Pontevedra, cuxas primarias terán lugar o próximo 23 de xaneiro. Foi o último en facelo. Deste xeito, a súa candidatura Ademais de Barreiro, súmase á da deputada autonómica Paloma Castro, que foi a responsable de Xustiza na executiva do PSdeG que lideraba Gonzalo Caballero e a do actual secretario xeral provincial David Regades, cargo afín ao alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Barreiro milita no PSdeG-PSOE desde 1977 e non ostentou ningún cargo institucional, segundo destacan fontes da súa candidatura, que recalcan a súa "dispoñibilidade a tempo completo" para dedicarse ao partido. Esta candidatura, sinalan as mesmas fontes, "nace da pretensión de revitalizar e encher de contido político a estrutura orgánica do partido en colaboración coas institucións".
PROCESO
O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra aprobou este mes o calendario de cara ao IV Congreso, que terá lugar os días 11 e 12 de febreiro e que inclúe o inicio do proceso de primarias á Secretaría Xeral.
Tras finalizar este mércores o prazo de presentación de candidaturas, haberá unha segunda de recollida de avais entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro. Posteriormente, a campaña desenvolverase do 8 ao 22 de xaneiro e a votación celebrarase o domingo 23. Finalmente, o Congreso elixirá aos integrantes da nova Dirección Provincial para o próximos catro anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.