Militantes e alcaldes teñen claro que o actual PSdeG precisa un xiro de 180º. Un xiro que implique rematar cos "reinos de taifas", rematar co "oligopolio orgánico", traer xente nova que conecte coa mocidade e volver á rúa. "Escoitar á xente, estar coa xente, patear o país", indican. E, sobre todo, que haxa un programa e un proxecto propio, galeguista, "e non o que veña de Pedro Sánchez ou de Madrid".