O PP levará ao Parlamento galego a polémica das palabras de Garzón sobre as macrogranxas

O BNG pide ao Goberno autonómico que "defenda aos produtores na práctica e non só en declaracións nos medios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O Partido Popular galego levará ao Parlamento autonómico a polémica sobre as palabras do ministro de Consumo, Alberto Garzón, sobre as 'macrogranxas' e a produción de carne en España. Así o confirmou o portavoz dos populares no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, quen, nunha rolda de prensa celebrada este luns, sinalou que nos próximos días rexistrarán unha iniciativa respecto diso, en liña coa estratexia seguida polo PP a nivel estatal.

Para Puy, as declaracións de Garzón na entrevista co medio internacional 'The Guardian' sobre un sector exportador como o cárnico son "sorpredentes", polo que o PP solicitará o apoio da Cámara aos produtores de carne.

Sobre a polémica política xurdida polas palabras do ministro tamén se pronunciou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que reivindicou que en Galicia se produce "carne de primeira calidade" por parte dun sector que está "afogado polos prezos". "Botamos de menos que o Goberno galego actúe e defenda aos produtores na práctica e non só en declaracións nos medios que alimentan polémicas pero non serven de nada para que poidan chegar a fin de mes e manter as súas explotacións de forma viable", sinalou Pontón.

Pedro Puy (PP) intervén na Cámara.. PPDEG
Pedro Puy (PP) intervén na Cámara.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta