Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2022 | Actualizada ás 15:13
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo este xoves palabras de recoñecemento para quen aínda segue sendo o presidente do PP, Pablo Casado, "humillado" nos últimos días por prácticamente todos os dirixentes do seu partido, incluído os "baróns" populares.
"Semella que houbo un acordo na xuntanza de onte --mércores pola noite--. Pablo Casado é un señor e merece marchar do partido como tal", indiciou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta a preguntas de Galicia Confidencial.
Así, lembrou que na xuntanza de onte, de varias horas de duración, houbo acordos entre os baróns e Casado, a pesar de que antes dese encontro moitos deles xa lle pedían que dimitira esa mesma noite. Pero tras un encontro con Feijóo de hora e media, as posicións mudaron e acordouse que Casado continúe como presidente ata abril, cando se celebre un congreso extraordinario. "Así se viu tras esa xuntanza de horas", dixo sobre o recoñecemento a Casado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.