Lugo triplica a media estatal en número de desfibriladores por habitante

Instala 67 novos dispositivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Lugo conta con 67 novos desfibriliadores instalados en distintos puntos da capital provincial, o que converte a urbe, segundo o goberno local, na "cidade máis cardioprotexida de España" con tres veces máis destes dispositivos que a media estatal.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o xefe de cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o xefe de cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey | Fonte: Concello de Lugo.

Este venres, a alcaldesa luguesa, Lara Méndez, supervisou a instalación dos novos dispositivos, que se repartirán entre dependencias municipais de zonas urbanas e do rural, prazas públicas e parques e vehículos da Policía Local e de servizos de emerxencia.

Ademais, estes equipos tamén poderán ser solicitados de forma puntual por colectivos e entidades da cidade. "Investir en salvar vidas", resumiu a rexedora durante o acto do programa 'Lugo con Corazón', no que estivo acompañada polo xefe do servizo de cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey.

O doutor reivindicou a importancia de contar con equipos deste tipo, dado que 30.000 das 50.000 paradas cardíacas que se producen cada día danse fóra do ámbito hospitalario.

No caso de Lugo, o concello rexistra unha media de 250 paradas cardíacas anuais. Só o 20% dos afectados chega vivo ao hospital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta