O Encontro Irmandiño constitúese en colectivo

O Encontro Irmandiño, con 15 membros no Consello Nacional e tres na Executiva do BNG, constituirase mañán como colectivo organizado dentro do Bloque tras unha asamblea constituínte que terá lugar en Compostela...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/07/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O Encontro Irmandiño supón unha nova corrente política integrada no Bloque Nacionalista Galego. Tivo un protagonismo especial na pasada XII Asamblea Nacional da forza frentista, xa que a lista apresentada polo Encontro Irmandiño -encabezada polo histórico dirigente do BNG, Xosé Manuel Beiras- obtivo case 500 votos que representan un 17% da militancia.

O obxectivo principal do Encontro Irmandiño é o de encentar un proceso de rexeneración democrática auténtica, profunda e efectiva do BNG, de apertura á sociedade e á base simpatizante, orientada baixo os principios de asemblearismo e fraternidade, de auténtico respecto á pluralidade interna e de maior concreción de mecanismos que permitan aumentar a capacidade de debate, participación e decisión do conxunto dos/as militantes (democracia participativa).

No acto, que dará comezo ás 10:30 da mañá, elixirase unha Coordenadora Nacional formada por 10 membros. A sesión de clausura será de carácter público e aberto aos medios de comunicación e contará coa intervención final de Xosé Manuel Beiras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 ieltsin

Creo que a primeira decisión que van tomar é a de expulsar a Beiras. E despois éste montará outro colectivo que quizá se chame "Encontro curmandiño". E despois será novamente expulsado. E así ... até que a puta UPG rebente ... de risa.