De afrancesados europeístas e porcos

Desde o século XVIII as elites políticas do Reino de España están sometidas a potencias exteriores, a intereses alleos. A partir do Reinado de Felipe V, España pasa a ser un Estado supeditado a intereses foráneos, e no campo cultural imponse a visión da propaganda antiespañola, a Lenda Negra. Do mesmo xeito que hoxe, os españois dividíronse entre os gobernantes que aceptan o discurso antiespañol, e os que o rexeitan. Mais o goberno, a dirección do imperio, cae en mans dos impulsores da Lenda Negra.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 22/03/2022

Comparte esta noticia
Asináronse tres Pactos de Familia, dous en tempos de Felipe V, e un con Carlos III, renovado no ano 1779. Posteriormente sometéronse ao emperador francés  Napoleón I no Tratado de  Fontainebleau,  chegan  as abdicacións de Bayona,  etc.  Xorde  de toda  esa colonización cultural  a obsesión polas “reformas”, os “reformistas” e algo que aclaman como  “Europa”.  Tras os pactos de familia e a decadencia absoluta,  chegou a colonización económica do século  XIX ata  principios  XX pola  Gran Bretaña e Francia, e a mesma submisión ao  seu pensamento. En 1898 USA pasa a colonizar Cuba, Porto Rico  e Filipinas, tras expulsar aos  PIGS españois. Posteriormente  a adoración polo mundo  xermánico, e agora, a pesar da realidade evidente de mal negocio… imponse o  europeísmo. Mais as oligarquías  europeas hoxe do mesmo xeito que  hai 4 séculos  chámannos    PIGS,  vagos,  derrochadores,  que vivimos por encima das nosas posibilidades, porcos. 
 
Chégase ao colmo da estupidez cando os  calvinistas din,  como Max  Weber a comezos do século  XX, que o capitalismo, a industria,  o traballo é natural ou propio dos  calvinistas, e que os católicos somos inferiores, vagos,  derrochadores, e que vivimos por encima das nosas posibilidades, que somos uns  PIGS, porcos de toda a vida.  Se me permiten, preguntaríalle ao  patrañero de  Weber,   cantos  calvinistas había no Imperio Español, cantos  calvinistas existen hoxe no actual impero Chinés, en Xapón, ou o  misterioso motivo de que a católica Baviera sexa a zona máis industrial de Europa, así como o norte da católica Italia.  Weber cobraba os seus bos soldos por facer o seu traballo, el cumpriu co seu labor. O curiosos é que as “elites españolas”  almorzasen  ese  mexunxe. E hoxe como onte para os nosos aliados  seguimos sendo  PIGS, porcos, e  impóñennos os seus mandatos sen tan sequera consultar. 
 
España é o único país europeo que tivo  “afrancesados” no poder.  Ao día de hoxe ten o maior número  de  europeístas  do mundo. Mesmo a pesar da saída da Potencia Gran Bretaña da UE...  Existe tamén unha obvia separación entre o pobo e as súas “ elites”. É o “Non nos representan”. Eses afrancesados- xermanizados- ianquilizados-  e agora  europeizados dá a sensación de que antepoñen os intereses de potencias exteriores aos intereses dos traballadores,  comercio e industrias propios.  Hoxe volvemos asistir a outro “pacto”, outro Tratado de  Fontainebleau. En ambos os casos, o pobo nunca foi consultado, mais as consecuencias son para  os traballadores e  empresarios. 
 

Bandeira da Unión Europea (UE). Hollie Adams/PA Wire/dpa
Bandeira da Unión Europea (UE). Hollie Adams/PA Wire/dpa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA