Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2022 | Actualizada ás 14:02
O secretario xeral de Podemos en Galicia e deputado de Unidas Podemos no Congreso, Antón Gómez Reino, acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, de ceder á "chantaxe" de Marrocos co Sahara.
Para Gómez-Reino "supón unha pésima noticia que o PSOE ou puntualmente o presidente do Goberno e o ministro de Exteriores estean a deixarse levar pola chantaxe de Marrocos". "Ademais isto é moi grave porque se sitúa fóra do que é a demanda maioritaria da sociedade galega e española e choca coa sensibilidade das decenas de familias que en Lugo reciben cada verán a mozos do Sahara. Isto non ten nada que ver co que fai o PSOE e puntualmente o presidente e o ministro", lamentou, nunha visita a Lugo este venres.
Ademais, o deputado de Galicia en Común-Unidas Podemos subliñou que a nova situación "supón quedar fose do marco da ONU e fóra da posición histórica de España". "Tamén isto imposibilítanos como actor na busca dunha saída negociada. É unha posición de parte que defende a postura de Marrocos", clamou.
SAÍDA NEGOCIADA
O parlamentario galego demandou que "ten que haber unha saída negociada onde o pobo saharauí teña dereito a decidir o seu futuro nun referendo avalado por Nacións Unidas". Gómez-Reino insistiu en que a "nova" postura de España significa "crebar co consenso da sociedade española e o conxunto das forzas políticas do ámbito parlamentario e deixar abandonados aos saharauís co que temos unha responsabilidade histórica moi importante".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.