Por Galicia Confidencial | Verín | 30/04/2022 | Actualizada ás 20:50
Un artel moi moderno e innovador será a imaxe da VII edición do Festival Internacional de Curtas de Verín. Os dous elementos circulares da imaxe unidos conforman unha bobina de cine. Segundo o autor local, David Rivada, “cando me escolleron non tiña para nada claro como ía realizar o traballo”, quen afirma ademais que “ilusionismo” e “cinema” comparten moito en común e os dous elementos están na base da súa proposta ilustradora.
“Ningunha das decisións tomadas no deseño foi froito da casualidade”, comenta tamén Rivada ao tempo que sinala que "este cartaz móvese”. Efectivamente, se fixamos a mirada nel atentamente dá a impresión de que os discos que conforman a ilustración están en movemento.
APOSTA POLOS CREADORES LOCAIS
“Tentamos contar con autores e artistas locais para que realicen o cartel ilustrador de cada unha das edicións do Festival Internacional de Curtas de Verín”, destaca Carlos Montero, director do certame. “Nesta ocasión depositamos a confianza no xoven David Rivada e, sen dúbida, o resultado obtido é moi creativo e moi enxeñoso”, afirma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.