Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 21:00
Unha ducia de tiktokers que crean contido en lingua galega publicaron este mércores un vídeo conxunto no que animan ás preto de 100.000 persoas seguidoras na rede social TikTok a participar na manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego o 17 de maio ás 12h, na Alameda de Santiago de Compostela, "por un novo futuro para a lingua".
A burelesa @paulablackmakeuplover abre o vídeo denunciando que "estamos fartas de recibir odio por facer contido en galego", ao que @Letidataberna engade que "queremos TikTok en galego agora e sempre" e @patribdopazo mais a súa avoa rematan cun "queremos un novo futuro para a nosa lingua".
"Por iso nos manifestamos o 17 de maio", explica @rodrimiguez. "Ás 12 da mañá na alameda de Santiago de Compostela", engade @cousasrarisimas. @olaxonmario recorda que "para facilitar a asistencia haberá buses a 5 euros" e @josannl apunta que "os buses sairán desde a Mariña, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense". Como apunta @irisgestoso, a información está dispoñible en queremosgalego.gal. Pechan o vídeo @pradorua, @todomal.va, @cessarrg e @sarasecorial, que afirman que un novo futuro para a lingua galega é posible e que, por iso, cómpre acudir á manifestación do 17 de maio en Compostela.
A plataforma Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, vén de facer público tamén o manifesto 'En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua'. O texto recorda que a situación do galego "non é irreversible e que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua", mais tamén salienta que "cómpre que o goberno galego abandone o desprezo polo idioma e garanta presenza e dispoñibilidade en todo e para todo".
"O novo presidente da Xunta ten que abandonar a política de agresión sistemática ao galego e comezar a participar dos esforzos que día a día fai a sociedade", afirma o manifesto. "A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza", engade. Por iso, chaman a manifestarse en Santiago para que "a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia".
View this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Cal será a 'Palabra do Ano 2024'? Xa se poden presentar suxerencias
- (Vídeo) Paco Macías, Editorial Positivas: "O libro galego perdeu presenza nas librarías"
- Galicia non é Galicia sen o galego
- “Vai túa”, unha das fórmulas galegas equivalentes á castelá “para ti la perra gorda”
- Tirón de orellas da RAG á Xunta e partidos políticos por non buscar consensos sobre o galego: "alguén pedirá contas"
- A Xunta recoñece a importancia dos docentes para estender o uso do galego