Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2022 | Actualizada ás 15:04
Korn non estará nesta edición do Resurrection Fest de Viveiro. Así o confirmou a organización nun comunicado no que sinala que se viu obrigada a cancelar o concerto da banda estadounidense previsto para este domingo e que xa fora aprazado por problemas co voo do conxunto.
"Estamos devastados por esta noticia. Tras cambiar toda a programación do festival para este domingo para poder salvar o concerto da banda, o infortunio quixo xogarnos unha nova mala pasada", lamentou a organización.
Segundo explicou, o avión de Korn tivo unha avaría que fai imposible que poidan chegar "desde o outro lado de Europa a Viveiro".
Así mesmo, recoñecen que esta edición foi a máis complicada en canto a loxística e transportes e lamentan que os esforzos por manter todo o cartel se viron truncados: "Non temos palabras para expresar o que sentimos agora mesmo. Compartimos convosco a tristeza e a impotencia".
En todo caso, está previsto que este domingo se suban ao escenario principal do festival A Mariña Bring me the Horizon, Heaven Shall Burn, Stick to your Guns, Electric Callboy e Deadly Apples.
Pola súa banda, o escenario Ritual ten a Mind Driller, Mosh, Bloodhunter, As Everything Unfolds, Infected Rain, Angelus Apatrida y Enforced; mientras que en el Chaos se subirán Grima, Golpe Radikal, Ruxe Ruxe, Belvedere, Doyle y Knocked Loose. En el escenario Desert actuarán Kaleikia, Elephant Riders, The Dry Mouths, Frutería Toni, Ciclonautas, Phil Campbell e My Sleeping Karma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.