O alcalde de Santiago non descarta decretar o "estado de emerxencia" pola folga na limpeza de rúas

O rexedor ve "excesivas" as peticións salariais dos traballadores, que cifra "nun 21,5%".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2022 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou ante a folga indefinida convocada polo persoal do servizo de recollida de lixos Urbaser tomará as medidas para que a cidade non sufra as consecuencias da interrupción das actividades de limpeza e, mesmo, estudará decretar un estado de emerxencia "se é necesario".

Este xoves, durante a presentación do proxecto 'Roteiro Cooperativo' no Concello de Santiago, Bugallo cualificou a folga e reinvindicacións do persoal da concesionaria como "agresivas". Ademais, o rexedor indicou que este parón dos servizos de limpeza, que coincidirá coas festas do Apóstolo, constitúe a súa "maior preocupación".

Por outra banda, o alcalde tachou de "excesiva" a petición do comité de empresa, que pide un aumento de salario acorde co IPC e unha subida adicional do 1,8% para o exercicio de 2021 e un 3% en 2022. "Queren aumentar o seu soldo nun 21,5%, mentres os pensionistas ou funcionarios só teñen un incremento do 2,5% e 2%. Déixame perplexo esta demanda", sinalou.

En canto á posición do Concello de Santiago, Bugallo mantivo a súa postura de non mediar posto que son persoal e empresa quen "debe solucionalo". Tamén pediu "sentido común e responsabilidade" aos traballadores de Urbaser.

Por outra banda, recalcou que a data seleccionada para a folga, o 18 de xullo --durante as Festas do Apóstolo--, "non é casualidade" e que os "máis afectados son os cidadáns, é unha folga contra Santiago e Galicia". Ademais, expresou que a circunstancia lle "amargará as festas".

Arquivo - O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).  Xosé Sá. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Arquivo - O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Xosé Sá. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta