Denuncian 70 millóns de desfase no Gaiás co bipartito

A Plataforma Cultura Si, Mausoleo acusa a Cultura de ocultar datos e pídelle que aclare o desfase de 70 millóns de euros nas obras do Gaiás durante a xestión do bipartito...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/10/2007 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

ÁNXELA BUGALLO NEGASE A ACLARAR O CUSTE FINAL DA CIDADE DA CULTURA.

O portavoz do BNG no Parlamento declarou publicamente que serán cerca de 500 millóns de euros o que nos vai custar aos galegos o proxecto faraónico que continua sen control no monte Gaiás.

 A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non,  denuncia o escurantismo e a ocultación do custe económico que está a supoñer o desfase orzamentario das obras da Cidade da Cultura. Si non mentiu o deputado Carlos Aymerich, durante a súa visita as obras do Gaiás,  afirmou que esta cantidade podía ser xa de 500 millóns de euros. Polo que ao desfase de 300 millóns producido durante o mandato do PP, e co orzamento inicial de 132 millóns de euros, a cifra do desfase que se vai producir  baixo a responsabilidade de xestión do goberno bipartito estaría xa cuantificada entorno aos 70 millóns de euros.

Ante as manifestacións do señor Aymerich, ao que lle damos credibilidade absoluta pola súa posición de portavoz do BNG no Parlamento Galego a súa compañeira nos órganos de dirección do BNG e consellería de Cultura, Ánxela Bugallo, NEGASE PUBLICAMENTE a aclarar si xa esta tan desorbitado o custe final das obras como para chegar aos 500 millóns de euros e xustificar a que se debe este novo exceso das licitacións previstas. A negativa de Ánxela Bugallo a aclarar en que se gastan estes 70 millóns de euros, xerados durante o seu mandato ao fronte das obras supón unha falta de transparencia e ocultamento do financiamento das obras da Cidade da Cultura e que errores ou desviacións se produciron desde os órganos competentes na xestión das obras para estar ante un novo avultamento das previsións do custe inicial das obras do Gaiás.

A falta de transparencia e nula vontade de clarificar os puntos escuros por parte do bipartito queda clara cando Ánxela Bugallo negase publicamente a aclarar a que desfase responde a cifra dada polo privilexiado deputado Aymerich, xa que é de supoñer que cando deu cifra de 500 millóns de euros sabia do que estaba a falar.

Si Ánxela Bugallo non quere informar deste desfase e a que se debe, DEMANDAMOS QUE SEXA O PRESIDENTE DA XUNTA O QUE COMPAREZA NO Parlamento Galego, co fin de explicar ante os cidadáns a situación actual e o futuro do proxecto da Cidade da Cultura, e euro por euro a que se debe este novo desfase de ducias de millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Oscar

Anxo, os contratos que se firman cando un está tolo (coma Fraga) non teñen ningunha validez legal. Só sería cuestión de demostrar que Fraga está tolo, que é bastante fácil, para poder anular o contrato da Cidade da Cultura sen máis, sen pagar unha cancelación que case sae máis cara ca a obra.
En Santiago este verán houbo unha exposición no Museo de Arte Contemporáneo (o de Siza) chamada Avance dunha Continxencia que eu fún ver, e na que, entre outras cousas, tiña unha maqueta da Ópera que haberá no Gaiás. É tan tremenda que houbo que facer dous cortes verticais paralelos para que se puidese ver ben o que hai dentro. Penso que é unha monstruosidade para unha cidade de 92 mil habitantes. Só pode ter a idea de levar iso a cabo en Compostela un tolo egocéntrico que queira facerse unha especie de monumento póstumo que funcione case coma un mausoleo.

7 anónimo

... e mentres tanto ... a "conselleira do papel cuché" onte de novo de viaxe en "madrí" soio para saír na foto co oscar pereiro e gastando alegremente cartiños en dietas e viaxes inútiles á capital do reino.

6 cuturru

ARTIGO DE MÉNDEZ FERRÍN
laopinióncoruña.es Luns- 15 de outubro de 2007

SEGUNDA FEIRA


Manipulación e Belas Artes




X.L. Méndez Ferrín


Hai unha semana lía no grande xornal madrileñista de Arteixo unha noticia de oito ou dez liñas nas que se daba conta de que un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos e que, en consecuencia, trescentas persoas, ben contadas ao parecer polo corresponsal anónimo, nin unha máis nin unha menos, se manifestaron contra tal tránsito e contra tal actividade insalubre e perigosa para a seguridade dos seres humanos. Estas poucas liñas facían mención lacónica de que un grupo de veciños (non mencionaba o protagonismo dos de Meá ou Mehá) leva 76 días de encerramento na casa do concello de Mugardos en protesta contra a emprazamento da planta regasificadora do, ao parecer todopoderoso, señor Tojeiro dentro da Ría. Parco pero certo. Ora si, no mesmo número do mesmo xornal coruñés de que falamos, vimos que a información de poucas liñas sobre a planta de Reganosa viña seguida de oito ou dez páxinas completas, entre as cales unha de publicidade aberta da citada Reganosa , pre-enchidas de brillante prosa e brillante despregue fotográfico sobre a candidatura da parte dazaoitesca de Ferrol á condición de Patrimonio da Humanidade, que é cousa que nunca certei a saber en que consista. (Deixemos, por hoxe, sen considerar o desprezo que os políticos de Ferrol demostran, desde sempre, polo seu casco histórico medieval, máis ben invilecido, e que só teñan ollos para o Ferrol militar borbónico e producto do Despotismo Ilustrado).

Tamén eu gosto do Ferrol do século XVIII, home non. Pro iso non me impide observar que o xornal de que falamos utilizou a imaxe e o esplendor da enxeñaría e a arquitectura neoclásica emanada da razón cesarista borbónica para ocultar que o medio ambiente, a salubridade e a vida das persoas están ameazadas realmente pola planta regasificadora de Reganosa dentro da Ría cando onda no Prioiriño Pequeno (o de "Chico" vén do Ministerio da Mariña, Madrid tamén) hai sitio dabondo para a súa instalación. A beleza, a proporción, a severidade, a grandeza do espírito militar neoclásico constituiron no seu día atributos a un tempo utilitarios e belos, por non dicer funcionais, dunha cidade-enclave estretéxico do Despotismo absolutista. Hoxe, ese Ferrol de pedra clasicista está a servir como pantalla de distracción destinada a ocultar o Ferrol e os núcleos de poboación da ría que leva o seu nome onde que viven seres humanos que se sinten ameazados por unha fábrica de gas que pode ocasionar unha catástrofe. Se eu fose profesor de xornalismo, sen dúbida daría unha clase práctica sobre manipulación da opinión baseándome nas páxinas do xornal que provocaron esta columna. A Historia da Arte ao servizo da ocultación da realidade, titularíase a lección.

Lean o libro Muros de silencio. Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol, por Enrique Barrera Beitia e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira. Procúrenno na Asociación Cultural Fuco Buxán de Ferrol porque é duro de o atopar por aí xa que, dalgunha maneira, é un libro prohibido polo poder realmente existente. Demasiados intereses políticos e económicos pesan sobre o asunto da gaseira de Mugardos. De momento, a colusión entre PP, PSOE e BNG coincide en todo co espírito demostrado no Hórreo por estas tres forzas para designar un Valedor do Pobo de quen imos ter que velarnos.

5 detritus

Todo unha merda. Merda os de antes, merda os de agora.

Que maldición bíblica caiu sobre os galegos? Temos os gobernantes que nos merecemos? Que fixemos nós para merecer isto?

Que? Que? Que?

4 anxo

"e a empresa que denuncie o contraro, se deixa fora dos concursos en Galicia e punto"
O que hay que leer, deixasa a estes do "abel" pensar e os dereitos convértense en castigo. E increíble (non ibel) leer semellante proposta de poder chulo e fora de dereito, pero e o que hai. Carlitos, a democracia non se basea nos teus puntos e finais, basease no dereito e reclamalo propio non pode ser motivo dos teus castigos, espero que non sexas naide nin agora nin nunca, eres perigroso.