Denuncian 70 millóns de desfase no Gaiás co bipartito

A Plataforma Cultura Si, Mausoleo acusa a Cultura de ocultar datos e pídelle que aclare o desfase de 70 millóns de euros nas obras do Gaiás durante a xestión do bipartito...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/10/2007 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

ÁNXELA BUGALLO NEGASE A ACLARAR O CUSTE FINAL DA CIDADE DA CULTURA.

O portavoz do BNG no Parlamento declarou publicamente que serán cerca de 500 millóns de euros o que nos vai custar aos galegos o proxecto faraónico que continua sen control no monte Gaiás.

 A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non,  denuncia o escurantismo e a ocultación do custe económico que está a supoñer o desfase orzamentario das obras da Cidade da Cultura. Si non mentiu o deputado Carlos Aymerich, durante a súa visita as obras do Gaiás,  afirmou que esta cantidade podía ser xa de 500 millóns de euros. Polo que ao desfase de 300 millóns producido durante o mandato do PP, e co orzamento inicial de 132 millóns de euros, a cifra do desfase que se vai producir  baixo a responsabilidade de xestión do goberno bipartito estaría xa cuantificada entorno aos 70 millóns de euros.

Ante as manifestacións do señor Aymerich, ao que lle damos credibilidade absoluta pola súa posición de portavoz do BNG no Parlamento Galego a súa compañeira nos órganos de dirección do BNG e consellería de Cultura, Ánxela Bugallo, NEGASE PUBLICAMENTE a aclarar si xa esta tan desorbitado o custe final das obras como para chegar aos 500 millóns de euros e xustificar a que se debe este novo exceso das licitacións previstas. A negativa de Ánxela Bugallo a aclarar en que se gastan estes 70 millóns de euros, xerados durante o seu mandato ao fronte das obras supón unha falta de transparencia e ocultamento do financiamento das obras da Cidade da Cultura e que errores ou desviacións se produciron desde os órganos competentes na xestión das obras para estar ante un novo avultamento das previsións do custe inicial das obras do Gaiás.

A falta de transparencia e nula vontade de clarificar os puntos escuros por parte do bipartito queda clara cando Ánxela Bugallo negase publicamente a aclarar a que desfase responde a cifra dada polo privilexiado deputado Aymerich, xa que é de supoñer que cando deu cifra de 500 millóns de euros sabia do que estaba a falar.

Si Ánxela Bugallo non quere informar deste desfase e a que se debe, DEMANDAMOS QUE SEXA O PRESIDENTE DA XUNTA O QUE COMPAREZA NO Parlamento Galego, co fin de explicar ante os cidadáns a situación actual e o futuro do proxecto da Cidade da Cultura, e euro por euro a que se debe este novo desfase de ducias de millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 papo rubio

... e mentras tanto os "agudos dirixentes" desta conselharía (bugallo, amoedo e cía) coa "man lixeira" seguen "gasta que te gastarás" con alegría, coa "man férrea" neganlle ós traballadores dos arquivos, bibliotecas e museos o pan e a sal.
¡¡¡É a única conselharía que non lle recoñece ó seu persoal determinados conceptos retributivos recollidos no convenio unico do persoal laboral da xunta de galicia!!!.

Por poñer algún exemplo da "man férrea" e do "talante dialogante" destas xentes:
- levan ano e medio negándose a xuntarse a dialogar coas organizacións sindicais.
- despois de dous anos na moqueta, seguen sen abonar o complemento de turnicidade (27€/mes aprox.)ó persoal que traballa a turnos, obligando ós traballadores a acudir ós tribunais e, para máis escarnio, ó dictarse sentenzas favorables ós traballadores en primeira instancia, lonxe de recoñecerlle ese dereito, deciden recurrilas ante o TSXG para retrasar o pago e putear ós curritos.

¡¡¡serán caraduras!!!

eso sí eles (os dilapidadores de man lixeira para cobrar e gastar e man férrea para afogar dereitos) xa gañaron o "seu dereito" a ingresar na "banda da bufanda" e xa lles pertence "de por vida" o plus do alto standing logo de cumplir os dous anos continuados no "poleiro" ...

o dito: ¡¡¡uns jetas!!!

2 Carlos Gomez

Eu estive dentro hai pouco nunha visita aterradora. Semella que está proxectado para provocar o maior gasto posible, tres estructuras superpostas, espacios enormes inútiles. Grandes ventanales que provocarán problemas de temperatura e humedade no interior...( http://www.inasus.com/navega.php?pa....

E unha mixtura do CGAC coa Cidade das Artes de valencia, moito esqueleto u pouca utilidade. O modelo de xigantismo de Silleda.

E facer a casa polo tellado. "tí faino que logo xa veremos qué metemos dentro".

Creo que temos tema para anos e anos.....por culpa de un Goberno que non se atreveo a conxelar o feito e pechalo, e a empresa que denuncie o contraro, se deixa fora dos concursos en Galicia e punto.

Dese logo que o interese como obra de autor, como escultura, como simbolo da cidade e como posible reclamo turístico e indudabel, pero o que temén e indudabel e o fracaso do uso ao que estaba destinada, como biblioteca, hay moitas en Santiago mais céntricas, a hemeroteca e inutil total na era dixital. O palacio da Opera, ten a competencia do auditorio de Galicia......

Temos que botarlle valor e meter alí todas as dependencias da Xunta que pagamos en alugueres por todo Santiago, alguna facultade, e recalificar os terreos ao marxe da subida para sufragar os gastos. Si se intenta facer algo "cultural" alí, mostraremos ao mundo que somso un país "bonsai" que cabe nunha das suas obras.

O peor está por chegar

1 O'Xirarei

Aymerich o que dixo foi que agardaba que, de aquí ao remate das obras, o custo final non superase os 500 millóns xa que, apuntou, o propio desenvolvemento dos traballos esixe algunha inversión a maiores. Setenta arriba ou abaixo... sumémoslle o que nos vai custar manter iso cando estea rematado, persoal, mantemento, seguridade...