A curta galega 'ETC' viaxa ata festivais internacionais de Moscova, Berlín e Hollywood

Gravada en Santiago de Compostela, esta obra mostra un home que vive atrapado nunha rutina sen vontade propia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2022 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A curtametraxe galega 'ETC', dirixida por Pablo Millán, exhibirase este mes no 44 Festival Internacional de Moscova, o máis antigo do mundo despois do de Venecia, unha cita que se celebrará do 26 de agosto ao 2 de setembro. Posteriormente, chegará a certames en Berlín e Hollywood.

Esta curta, interpretado por Jorge Sieiro, está producido por Ana Lombao e o propio Pablo Millán. A obra, de seis minutos de duración, mestura imaxe real e animación. Gravada en Santiago de Compostela, 'ETC' mostra un home que vive atrapado nunha rutina sen vontade propia, nunha narración que ten tinguiduras expresionistas e trata o tema da rutina en ton satírico.

Así mesmo, a cinta chegará o 19 de novembro ao 38 Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín-Interfilm, un dos máis importantes do continente neste formato. Proxectarase dentro do evento especial Interfilm Sound & Visions, que inclúe unha decena de pezas. Aquí, o son interpretarase en directo por bandas da escena musical berlinesa.

Igualmente, foi seleccionado na serie de proxección mensual HollyShorts nos Angeles. De tal forma, poderase ver nos famosos TCL Chinese 6 Theatres, en Hollywood. As datas aínda non están anunciadas deste evento que recolle unha selección das mellores curtas e longametraxes de todo o mundo.

E é que 'ETC' xa fora incluído como un dos semifinalistas da pasada edición do prestixioso Flickers' Rhode Island International Filme Festival, en Estados Unidos.

Fotograma do curto galego 'ETC.', dirixido por Pablo Millán. ARTEAUTOR
Fotograma do curto galego 'ETC.', dirixido por Pablo Millán. ARTEAUTOR | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta